O Rosal

O Rosal atópase na desembocadura do río Miño, ao suroeste de Galicia.

Está situado a 42 metros sobre o nivel do mar, e nos seus 41,16 km² habitan un total de 6.183 persoas (28 de decembro do 2007).

Monumentos:

Entre os seus monumentos e lugares de interese podemos salientar:

  • Os Muíños Do Folón e Do Picón.
  • O monumento ao Cabaqueiro.
  • Diversas Igrexas parroquiais, capelas e ermidas (de Santa Mariña, de San Miguel,de Pías, etc.)
  • Varios cruceiros distribuídos por todo o Concello.
  • A Casa Consistorial.
  • E un longo etcétera cheo de beleza á espera de ser vista por tod@s os que non teñen aínda a sorte de coñeceren esta paraxe natural..

Festas:

  • Festa das Medas (San Sebastián)
    20 de Xaneiro.
  • Festa de San Vicente (Marzán)
    22 de Xaneiro.
  • Festa de Entroido (Novás e Fornelos)
    Febreiro.
  • Romeria de San Gregorio.
    9 e 10 de Marzo.
  • Festa de San Gregorio
    6 e 7 de Abril.
  • Festa de San Juan, San Julián, Santo de Febra.
    7 de Abril.
  • Festa de San José Obreiro (Novás)
    1 de Maio.
  • Festa de San Isidro.
    15 de Maio.
  • Festa de San Juan (Martín)
    23 e 24 de Xuño.
  • Festa do Alicerce.
    24 e 25 de Xullo.
  • Feira do Viño.
    Xullo.
  • Festa de Marzán.
    3 de Agosto.
  • Festa dá Solla.
    23, 24 e 25 de Agosto.
  • Festa do Alicerce.
    12 de Outubro.
  • Festa de San Martiño.
    11 de Novembro.

Turismo:

No Rosal pódese gozar tanto de Turismo cultural como de Turismo verde.

Historia:

Concello da Moi Leal Vila do Rosal, así a chamou o rei Afonso XII logo de coñecer os encantos deste fermoso val que conta con catro Parroquias: Santa Mariña, San Miguel de Tabagón, San Juan de Tabagón e San Bartolomé de Eiras.

A nosa terra, marcada polos enclaves naturais do mar e a costa, ríos e montañas, ten unha extensión de 41,2 Km2. Para coñecer a súa beleza natural, onde o río e a vexetación vólvense máxicos, debemos acudir ao interior deste val situado entre as montañas Campo do Couto e Lousado que orixinaron este magnífico espazo natural regado polo río Tamuxe. É completado polos encantos da súa zona costeira e o discorrer do río Miño no seu tramo final antes de morrer no Océano Atlántico.