Noticias

  • Lun, 28/09/2009

    O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal celebrarase unha conferencia informativa que xirará ao redor da nova gripe ou gripe A.

    A xefa do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Xeral de Vigo, Margarita Cueto Baelo, achegarase ata a nosa vila para falar deste importante e novidoso tema.

    Estas charlas están organizadas pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal.

  • Mer, 23/09/2009

    A Escola de Tempo Libre Pasatempos organiza un curso de director de tempo libre en Vigo.

    Este curso consta dunha fase teórico-práctica de 150 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade que traballe no eido do tempo libre.

    A actividade comezará o 15 de novembro cunha presentación dos participantes. 

  • Mer, 23/09/2009

    Na Asociación de Comerciantes de O Rosal estreamos sitio web.

    Esta ferramienta servirá para optimizar a comunicación entre socios, facilitar o acceso a noticias e documentos e, en definitiva, mellorar e modernizar o funcionamiento da nosa asociación.

    Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia.

    ¡Benvid@s!

Logo de la Xunta de Galicia