Curso de director de tempo libre en Vigo
Mer, 23/09/2009
A Escola de Tempo Libre Pasatempos organiza un curso de director de tempo libre en Vigo.
Este curso consta dunha fase teórico-práctica de 150 horas lectivas e outra práctica de 14 días de actividade nun campamento, ou de 150 horas de actividade periódica nunha entidade que traballe no eido do tempo libre.
A actividade comezará o 15 de novembro cunha presentación dos participantes.
Máis información na web do Concello do Rosal.
Fonte:
Concello do Rosal