Asociación

HISTORIA

A Asociación de Comerciantes do Rosal créase en 1998 para a realización da Campaña de Nadal. Logo de 11 anos constitúese e adquire a súa personalidade xurídica e plena capacidade de obrar coa inscrición no rexistro e a aprobación dos seus Estatutos, configurándose como un colectivo totalmente independente da Administración e de partidos políticos.

OBXECTIVOS DE ACOR

  • Axudar a promover o desenvolvemento económico e social do municipio.
  • Servir de órgano de reunión e coordinación entre os seus membros, fomentando o asociacionismo.
  • Cooperar coa Administración e demais organizacións que integran no municipio.

ORGANO DE GOBERNO

Os estatutos regulan a composición e a actividade de ACOR, mediante o funcionamento de determinados órganos:

  • A Asemblea Xeral: Órgano supremo de Goberno do a Asociación.
  • Xunta Directiva: É o Órgano colexiado de normal goberno, xestión, administración, dirección e ademais do presidente conta cunha serie de vogais, formada polas seguintes persoas que a continuación se relacionan:
    • PRESIDENTE
      D. JOSE MARTÍNEZ GONZÁLEZ
       
    • VICEPRESIDENTA
      Dna. SARA CARREIRA FERNÁNDEZ
       
    • SECRETARIO
      D. ENRIQUE MARTÍNEZ DÍAZ
       
    • TESOUREIRO
      D. JOAQUIN VICENTE GONZÁLEZ
       
    • VOGAIS:
      Dna. NOELIA PORTELA DOMÍNGUEZ
      D. MANUEL SANTOS GONZÁLEZ